xunta

xunta

xuntar

Plural: xuntas
  1. s f

    Reunión de persoas que tratan sobre un tema.

  2. s f

    Grupo de persoas que dirixen, administran e gobernan unha comunidade.

  3. s f

    Parella de animais que tira dun carro.

  4. s f [ANAT ]

    articulación.

  5. xunta de dilatación [TECNOL ]

    Elemento de unión entre dous obxectos que pode absorber os esforzos que aparecen coas variacións da lonxitude producidas por efectos térmicos.

  6. xunta de portavoces [POLÍT ]

    Órgano interno do parlamento composto polos voceiros dos grupos parlamentarios baixo a dirección do presidente da asemblea lexislativa.

  7. xunta municipal [DER ]

    Organismo de actuación municipal.

  8. xuntas revolucionarias [HIST ]

    Xuntas constituídas en 1868, despois de triunfar a sublevación contra o réxime de Isabel II. Estaban formadas por membros dos partidos máis moderados como unionistas, progresistas e conservadores.

Sinónimos

Palabras veciñas

xunguir xuño xunqueira xunta xunta xuntanza xuntar