xuño

xuño
Plural: xuños
s m

Sexto mes do ano, de 30 días. OBS: Tamén se denomina mes de San Xoán.

Refranes

  • Ata o corenta de maio, non quites o saio e, se volve chover, vólveo poñer.
  • Ata o san Pedro o viño ten medo.
  • Dálle coles por san Xoán a quen queiras de fame matar.
  • En san Xoán a fouce na mano
  • En san Xoán xa a sardiña molla o pan.
  • En san Xoán, a mexada dun can.
  • Entre san Xoán e Santiago Deus nos libre dun nubrado.
  • O que xexúa por san Xoán, ou é parvo ou non ten pan.
  • Polo san Antón, xa a galiña pon.
  • Polo san Pedro vai ver o teu olivedo e, se ves un gran, espera un cento.
  • Polo san Xoán tanto viño como pan.
  • Polo san Xoán xa a sardiña pinga o pan.
  • Por san Pedro, burro quedo.
  • ¡Aí vén san Pedro co seu xerro!

Palabras vecinas

xungla xunguidoira xunguir xuño xunqueira xunta xunta