traballo
traballo
traballar
-
s
m
-
Acción de traballar.
-
Actividade profesional á que se dedica alguén.
-
Lugar onde se realiza unha actividade profesional.
-
Obra en que se traballa.
-
Obra rematada producida grazas a esa acción ou esforzo.
-
Actividade consciente do home que se orienta a obter os bens ou medios para satisfacer as súas necesidades.
-
-
s
m
Calamidade ou fatiga que se pasa nun momento concreto.
-
s
m
[FÍS ]
Efecto dunha forza que vence unha resistencia, producíndose así un desprazamento do punto de aplicación. Mídese mediante o produto da forza polo camiño percorrido na súa dirección. No SI, a unidade de traballo é o joule (J).
Refráns
- A facenda da muller sempre está feita e sempre está por facer.
- A mal amañada primeiro abre a porta que cobre a cama.
- A muller na casa e o home na arada.
- A muller que gobeme a casa e o home a arada.
- Aproveite ben en febreiro o que folgou en xaneiro.
- Bo traballo é traballar cando a ganacia é pouca.
- Cando mozos, traballos; e cando vellos, farrapos.
- Con pouco traballo non se fan logo as cousas.
- De Deus abaixo todo o mundo vive do seu trabaIlo, sexa bo, sexa malo.
- Detrás do traballo vén o pago.
- Fai o que saibas para que en tódalas partes caibas, que o que sabe en tódolos sitios cabe.
- Home que traballa polo que non merece, co trabaIlo non adoece.
- Máis traballo custa vivir ben que mal.
- Mellor é traballar de balde que vivir de balde.
- Mentres ande na leira o xugo, que ande na casa o fuso.
- Na semana de Ramos lava os teus panos, que na de Paixón ou poderás ou non.
- Nace o home para traballar e non para folgar.
- Non dá "morcilla" o que non mata porco.
- Non hai cousa que máis canse ro traballo, mais tamén adoita cansar o moito folgar.
- Non hai cousa que máis canse ro traballo.
- O luns mollo, o martes lavo, o mércores seco, o xoves saco, o venres peneiro, o sábado amaso e o domingo, que eu fiaría, todos me din que xa non é día.
- O moito traballo quere a moita mantenza.
- O moito traballo trae o moito gasto.
- O que moito traballa, máis axiña acaba.
- O que non ten pan teno que buscar, porque sen comer non se pode pasar.
- O que non traballa na súa mocidade, non chega a vello na ancianidade.
- O que non traballa, non manduca.
- O que ten carro e muller, non lle falta que facer.
- O traballar e o comer o seu xeito ha ter.
- O traballar é virtude e o non traballar é saude.
- O traballo cansa pero non mata.
- O traballo ennobrece.
- O traballo non deshonra a ninguén.
- O traballo nunca loce, se a ganancia é pouca.
- Quen máis traballa máis perde.
- Quen non traballa non ten migalla.
- Se folgas nos días soltos ¿qué deixas para os días santos?
- Tendo saúde e comendo ben, o traballar non mata a ninguén.
- Traballar e non comer é camiño seguro para morrer.
- Traballar sen tino é morrer sen fe.
- Traballo é a mala ventura, e máis traballo é cando dura.
- Traballo feito non pide présa.
- Traballo que se fai con gusto non o sente o corpo.
- Traballo ten a raposa cando anda aos grilos.
- Tras do traballo vén o descanso máis tamén vén o cansancio.
- Un por outro, o traballo non se fai.
- ¡Cómo alegra o que sen traballo se gaña e sen trabaIlo se aumenta!