traballo

traballo

traballar

Plural: traballos
  1. s m
    1. Acción de traballar.

    2. Actividade profesional á que se dedica alguén.

    3. Lugar onde se realiza unha actividade profesional.

    4. Obra en que se traballa.

    5. Obra rematada producida grazas a esa acción ou esforzo.

    6. Actividade consciente do home que se orienta a obter os bens ou medios para satisfacer as súas necesidades.

  2. s m

    Calamidade ou fatiga que se pasa nun momento concreto.

  3. s m [FÍS ]

    Efecto dunha forza que vence unha resistencia, producíndose así un desprazamento do punto de aplicación. Mídese mediante o produto da forza polo camiño percorrido na súa dirección. No SI, a unidade de traballo é o joule (J).

Refranes

  • A facenda da muller sempre está feita e sempre está por facer.
  • A mal amañada primeiro abre a porta que cobre a cama.
  • A muller na casa e o home na arada.
  • A muller que gobeme a casa e o home a arada.
  • Aproveite ben en febreiro o que folgou en xaneiro.
  • Bo traballo é traballar cando a ganacia é pouca.
  • Cando mozos, traballos; e cando vellos, farrapos.
  • Con pouco traballo non se fan logo as cousas.
  • De Deus abaixo todo o mundo vive do seu trabaIlo, sexa bo, sexa malo.
  • Detrás do traballo vén o pago.
  • Fai o que saibas para que en tódalas partes caibas, que o que sabe en tódolos sitios cabe.
  • Home que traballa polo que non merece, co trabaIlo non adoece.
  • Máis traballo custa vivir ben que mal.
  • Mellor é traballar de balde que vivir de balde.
  • Mentres ande na leira o xugo, que ande na casa o fuso.
  • Na semana de Ramos lava os teus panos, que na de Paixón ou poderás ou non.
  • Nace o home para traballar e non para folgar.
  • Non dá "morcilla" o que non mata porco.
  • Non hai cousa que máis canse ro traballo, mais tamén adoita cansar o moito folgar.
  • Non hai cousa que máis canse ro traballo.
  • O luns mollo, o martes lavo, o mércores seco, o xoves saco, o venres peneiro, o sábado amaso e o domingo, que eu fiaría, todos me din que xa non é día.
  • O moito traballo quere a moita mantenza.
  • O moito traballo trae o moito gasto.
  • O que moito traballa, máis axiña acaba.
  • O que non ten pan teno que buscar, porque sen comer non se pode pasar.
  • O que non traballa na súa mocidade, non chega a vello na ancianidade.
  • O que non traballa, non manduca.
  • O que ten carro e muller, non lle falta que facer.
  • O traballar e o comer o seu xeito ha ter.
  • O traballar é virtude e o non traballar é saude.
  • O traballo cansa pero non mata.
  • O traballo ennobrece.
  • O traballo non deshonra a ninguén.
  • O traballo nunca loce, se a ganancia é pouca.
  • Quen máis traballa máis perde.
  • Quen non traballa non ten migalla.
  • Se folgas nos días soltos ¿qué deixas para os días santos?
  • Tendo saúde e comendo ben, o traballar non mata a ninguén.
  • Traballar e non comer é camiño seguro para morrer.
  • Traballar sen tino é morrer sen fe.
  • Traballo é a mala ventura, e máis traballo é cando dura.
  • Traballo feito non pide présa.
  • Traballo que se fai con gusto non o sente o corpo.
  • Traballo ten a raposa cando anda aos grilos.
  • Tras do traballo vén o descanso máis tamén vén o cansancio.
  • Un por outro, o traballo non se fai.
  • ¡Cómo alegra o que sen traballo se gaña e sen trabaIlo se aumenta!