arqueta

arqueta

arca

Plural: arquetas
  1. s f

    Arca pequena.

  2. s f

    Pequeno depósito que se destina a almacenar a auga que despois se vai distribuír.

  3. s f [DEC ]

    Caixa con fecho feita de diversos materiais, destinada a gardar xoias ou papeis.

  4. s f

    Caixa do muíño que recolle a fariña que cae ao moer.

  5. s f [RELIX ]

    Caixa pequena que hai nas igrexas onde se deposita a esmola.

Sinónimos

Confrontacións

caixa