caixa
lat capsa
-
-
s
Recipiente de forma regular, xeralmente cúbica, que adoita usarse para gardar e transportar obxectos.
-
s
Contido dunha caixa.
-
s
Carcasa total ou parcial dun moble, especialmente a parte dunha mesa que contén os caixóns.
-
s
Parte do muíño que consta dunhas táboas dispostas en forma de cadrado, que rodea a moa e que serve para recoller a fariña que cae ao moer o gran.
-
caixa de cimentación
[CONSTR ]
Caixa de madeira, formigón ou aceiro que se emprega para cimentar o terreo.
-
caixa de Kubiëna
[XEOL ]
Receptáculo de folla de lata, de base rectangular e medidas normalizadas, que se utiliza, sobre todo, para recoller e conservar as mostras de solo.
-
caixa de urxencias
Armario pequeno con medicamentos e utensilios farmacéuticos para casos de urxencia.
-
s
-
s
f
Receptáculo longo con tapa, de madeira ou doutros materiais, onde se deposita un cadáver para o seu enterramento.
-
-
s
Recipiente, polo xeral metálico, empregado para protexer certos mecanismos ou para gardar auga ou combustible.
-
caixa acústica /
[FÍS/TECNOL ]
Caixa que se utiliza para conter un ou máis altofalantes e mellorar a reprodución.
-
caixa de cadeas
[MAR ]
Compartimento situado na proa dunha embarcación onde se garda a cadea da áncora.
-
caixa de cambios/de marchas
[TECNOL ]
Caixa onde vai encerrado o mecanismo que permite o cambio de velocidades dun automóbil.
-
s
-
-
s
Departamento dunha empresa, dunha entidade financeira ou da administración onde se efectúan pagamentos e cobros.
-
s
Capital do que pode dispoñer un banqueiro ou unha entidade en diñeiro ou valores.
-
s
Cantidade de diñeiro que ingresa un establecemento comercial nun día.
-
caixa de caudais
Depósito onde se garda diñeiro, documentos e obxectos de valor.
-
caixa de seguridade
Compartimento destinado a gardar diñeiro, documentos ou xoias, situado na zona blindada dun banco.
-
caixa forte
Caixa de caudais xeralmente incrustada nunha parede.
-
caixa rexistradora
Máquina que se emprega no comercio para rexistrar as entradas de cartos, produtos de venda, efectuar os cálculos apropiados e gardar o diñeiro.
-
s
-
s
f
[CONSTR ]
Espazo reservado no interior dun edifico para a escaleira, o ascensor ou a cheminea.
-
s
f
[ARTE ]
Espazo enmarcado, situado na parte inferior dun debuxo, onde figuran o nome do obxecto debuxado, a escala, a data e o nome do debuxante.
-
-
s
Entidade financeira ou administrativa que recibe fondos en depósito e que se encarga de administralos e facer que rendan beneficios.
-
caixa de aforros
Entidade financeira pública ou privada de carácter inicialmente non lucrativo.
-
caixa xeral de depósitos
Servizo do ministerio de Facenda que ten como función principal ser o único depositario das consignacións obrigatorias administrativas e xudiciais que se esixen en determinados casos.
-
s
-
-
s
Cadro ocupado nunha páxina pola impresión, prescindindo das marxes.
-
caixa de imprenta
Caixón dividido en compartimentos onde están distribuídas as letras e os signos da imprenta.
-
s
-
-
s
Cilindro de madeira ou de metal recuberto con dúas membranas que forma o corpo dun tambor.
-
caixa chinesa
Instrumento idiófono que consiste nunha madeira oca que soa ao bater contra ela unha baqueta pequena tamén de madeira.
-
caixa de música
Caixa que reproduce pezas musicais a través dun mecanismo interior que consiste nunha serie de láminas metálicas que soan cando son rozadas polas pugas dun cilindro xiratorio.
-
caixa de resonancia
Cavidade abovedada que amplifica as vibracións sonoras producidas polas cordas nos instrumentos cordófonos.
-
caixa expresiva
Cámara que illa unha parte dos tubos do órgano e que permite graduar a intensidade sonora sen cambiar o timbre.
-
s
-
s
f
[TECNOL ]
Cámara ou compartimento dun instrumento, aparato ou máquina, onde ten lugar un proceso ou que contén ou recolle un gas ou un líquido.
-
-
s
Corpo principal dun vehículo sen as rodas nin o eixe utilizado, nalgúns casos, para levar a carga.
-
caixa abatible
Caixa móbil dun vehículo que permite o seu baleirado automático.
-
s
-
caixa de luvas
[QUÍM/BIOL ]
Recinto utilizado para manipular substancias perigosas ou para manter unha atmosfera illada, coa finalidade de evitar contaminacións do interior ao exterior, ou viceversa.
-
caixa do correo
-
Receptáculo que hai na oficina de correo ou na vía pública onde se deposita a correspondencia que, posteriormente vai ser recollida e distribuída polo persoal de correos.
-
Receptáculo con porta e chave e cunha abertura longa e estreita onde se deposita a correspondencia que vai dirixida a unha persoa ou entidade.
-
-
caixa negra
[AERON ]
Dispositivo electrónico que permite determinar as causas que puideron orixinar un accidente de aviación.
-
caixa torácica
[ANAT ]
Estrutura osteocartilaxinosa formada polo esterno, as cartilaxes costais, as costelas e a parte dorsal da columna vertebral.
Sinónimos
Confrontacións
sartegoCitas
- A procesión vai acompañada por caixas e tambores ata a catedral
- Comeron unha caixa enteira de galletas
- Esta semana estamos facendo unha caixa de cinco millóns diarios
- Gardamos todos os libros nas caixas, A tendeira comprou unha caixa de laranxas
- Imprimiuse o volume cunha caixa de texto de 12 por 18 cm
- No enterro do meu avó levamos a caixa a ombros desde a igrexa ata o cemiterio
- O camión levaba a caixa cargada ata os topes
- O reloxo está montado nunha caixa de titanio
- Para cobrar as facturas debes dirixirte á caixa
- Vou botar as cartas na caixa do correo