arquetipo

arquetipo

lat archetypu gr ἀ ρχητύπος ‘tipo primitivo’

Plural: arquetipos
  1. s m

    Tipo orixinal ou primario que serve de modelo.

  2. s m [ANTROP/PSIC ]

    Segundo as escolas psicolóxicas baseadas nas teorías de Jung, estrutura subxacente ás simbolizacións inconscientes do individuo que procede da experiencia colectiva de toda a humanidade, e que son modelos de contos, lendas, mitos ou delirios.

  3. s m [BIOL ]

    Organismo arcaico, ás veces hipotético, a partir do que se diversificaron as formas actuais dun determinado grupo de seres vivos.

  4. s m [FILOS ]

    Cada unha das ideas subsistentes que son modelos das realidades sensibles, segundo a filosofía de Platón.

  5. s m [LIT/ARQUIV ]

    Códice que serve de modelo a unha familia de manuscritos.

Confrontacións

prototipo