arlequín

arlequín

it arlecchino fr antigo Herlequin ou Hellequin, cabeza dunha banda lendaria de demos

Plural: arlequíns
  1. s m

    Gracioso ou bufón que forma parte dalgunhas compañías de acróbatas.

  2. s m

    Persoa vestida con este traxe de cadros ou rombos de distintas cores baseado no personaxe cómico da antiga comedia italiana.

  3. s m

    Persoa informal ou de pouca personalidade.

  4. s m [ANIMAL/ENTOM ]

    Coleóptero da familia dos cerambícidos, de longas antenas, con élitros manchados de negro, vermello e pardo, que teñen un aspecto arlequinado. Son propios das zonas ecuatoriais de América do Sur.

Citas

  • Na festa do entroido había cinco arlequíns