milicia
milicia
lat militĭa
-
s
f
[BÉL ]
Profesión ou exercicio das armas.
-
s
f
[HIST/BÉL ]
Tropa de guerra cun grao de militarización menor ca o do exército desenvolvida desde o s XVII como complemento dos exércitos profesionais. Só se mobilizaban en caso de guerra.
-
milicia anxélica/celestial
[RELIX ]
Conxunto dos anxos.
-
milicias populares
[HIST/BÉL ]
Forzas compostas por elementos civís armados que organizaron os grupos políticos de esquerdas e os sindicatos durante a Guerra Civil (1936-1939).