aldraba

aldraba

ár a ḋ - ḋ abbâ ‘o picaporte, o ferrollo’

Plural: aldrabas
  1. s f

    Peza articulada, xeralmente metálica, que vai pendurada na porta principal dunha casa, empregada para petar nela.

  2. s f

    Obxecto composto por dúas pezas de metal que van unidas por un eixe sobre o que xiran, empregado para suxeitar as portas e ventás ao marco de tal xeito que poidan abrir e pechar.

  3. s f

    Barra de ferro empregada para asegurar as portas e contras das ventás.

Sinónimos

Citas

  • Axusta ben a aldraba para que non se poida abrir a contraventá
  • Chamei varias veces coa aldraba pero non saía ninguén a abrirme
  • Conseguín colocar ben a aldraba para poder abrir a fiestra con seguridade