reducir

reducir

lat reducĕre

  1. v t

    Facer algo máis pequeno ou menor. Tm v pron.

  2. v t

    Transformar unha cousa noutra equivalente ou de menor importancia, valor ou calidade. Tm v pron.

  3. v t

    Obrigar a alguén a que obedeza ou se someta a unhas normas.

  4. v t

    Limitar unha cousa a outra máis simple. Tm v pron.

  5. v t [MED ]

    Restituír a posición anatómica de fragmentos óseos desviados por unha fractura, ou de ósos luxados, ou ben órganos desprazados.

  6. v t [ALIM ]

    Concentrar un líquido evaporando parte del. Tm v pron.

  7. v t [MAT ]

    Cambiar a forma ou a denominación dunha expresión ou dunha cantidade sen cambiarlle o valor.

  8. v t [MÚS ]

    Arranxar unha partitura, simplificándoa, para un grupo de instrumentos menor ca o orixinal.

  9. v i

    Cambiar, nun vehículo, a unha marcha máis curta.

Antónimos

Citas

  • A nosa amizade reduciuse a simple cortesía
  • A policía reduciu o ladrón
  • Coa seca reduciuse o nivel de auga nos encoros
  • Deixa ferver a auga co arroz ata que se reduza
  • Moito se reduciu a sopa
  • Nestes meses reduciuse o valor das súas accións
  • O lume reduciu a casa a entullo
  • Reduciu a invitación a un simple café
  • Xa reducimos moito o lonto da saia
Conxugar
VERBO reducir
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reduzo
reduces
reduce
reducimos
reducides
reducen
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducía
reducías
reducía
reduciamos
reduciades
reducían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducín
reduciches
reduciu
reducimos
reducistes
reduciron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducira
reduciras
reducira
reduciramos
reducirades
reduciran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducirei
reducirás
reducirá
reduciremos
reduciredes
reducirán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reduciría
reducirías
reduciría
reduciriamos
reduciriades
reducirían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reduza
reduzas
reduza
reduzamos
reduzades
reduzan
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducise
reducises
reducise
reducisemos
reducisedes
reducisen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducir
reducires
reducir
reducirmos
reducirdes
reduciren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
reduce
-
-
reducide
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
reducir
reducires
reducir
reducirmos
reducirdes
reduciren
Xerundio reducindo
Participio reducido
reducida
reducidos
reducidas