radical

radical

lat radīce ‘raíz’

Plural: radicais
  1. adx

    Relativo ou pertencente á raíz ou que procede da raíz.

  2. adx

    Que é esencial ou fundamental.

  3. adx

    Que é tallante e intransixente.

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao radicalismo.

    2. s

      Membro ou seguidor do radicalismo.

    1. adx

      Aplícase á cantidade ou expresión afectada polo signo ?.

    2. s

      Signo ? empregado para indicar a raíz enésima dunha cantidade ou expresión. Indícase nel ademais o índice n da raíz, excepto se n = 2 (raíz cadrada).

    3. centro radical

      Punto que ten a mesma potencia respecto a tres circunferencias.

    4. eixe radical

      Recta formada polos puntos que teñen a mesma potencia respecto a dúas circunferencias.

    1. adx

       

    2. s

      Cada unha das formas tomadas pola raíz dunha palabra, que poden ter realizacións diversas, mediante a anexión de desinencias gramaticais.

  4. s m [QUÍM ]

    Grupo de átomos derivado formalmente dun hidrocarburo por perda dalgún átomo de hidróxeno, e que aparece como substituínte dun grupo funcional na cadea principal dunha molécula.