promotor -ra
promotor -ra
lat promotōre
-
adx
Que promove ou que dá o primeiro pulo a unha cousa. Tm s.
-
adx
Que promove ou financia algo. Tm s.
-
s
m
[QUÍM ]
Substancia que aumenta de forma considerable a actividade dun catalizador determinado.
-
s
m
[XEN ]
Segmento de ADN dun operón situado entre un xene operador e o primeiro xene estrutural, que constitúe o punto de recoñecemento e de partida do ARN-polimerase.
-
promotor da fe
[RELIX ]
Consultor que nos procesos de canonización ten por misión a tutela dos intereses públicos da Igrexa para que non sexa declarada santa unha persoa da que non estean probadas as súas virtudes heroicas e os milagres.