promotor -ra

promotor -ra

lat promotōre

Plural: promotores Masculino: promotor Masculino plural: promotores Feminino: promotora Feminino plural: promotoras
  1. adx

    Que promove ou que dá o primeiro pulo a unha cousa. Tm s.

  2. adx

    Que promove ou financia algo. Tm s.

  3. s m [QUÍM ]

    Substancia que aumenta de forma considerable a actividade dun catalizador determinado.

  4. s m [XEN ]

    Segmento de ADN dun operón situado entre un xene operador e o primeiro xene estrutural, que constitúe o punto de recoñecemento e de partida do ARN-polimerase.

  5. promotor da fe [RELIX ]

    Consultor que nos procesos de canonización ten por misión a tutela dos intereses públicos da Igrexa para que non sexa declarada santa unha persoa da que non estean probadas as súas virtudes heroicas e os milagres.