promoción

promoción

lat promotĭōne

Plural: promocións
  1. s f

    Acción e efecto de promover.

  2. s f

    Conxunto de actividades que se realizan para prestixiar un produto e aumentar as súas vendas.

  3. s f

    Ascenso dunha persoa a un grao académico ou a unha dignidade superior.

  4. s f

    Conxunto de persoas que obteñen un emprego ou un título académico ao mesmo tempo.

  5. s f [DEP ]

    Competición entre varios equipos ou deportistas para conseguir a súa clasificación nunha categoría determinada.