preito

preito

lat placĭtu ‘decreto, sentenza’

Plural: preitos
  1. s m

    Litixio entre dúas partes.

  2. s m [DER/HIST ]

    Procedemento contencioso entre dúas partes litigantes.

Sinónimos

Formas incorrectas

pleito

Refráns

  • A chave do preito é o "escribano"; a do médico, o boticario.
  • A mal dereito, bo preito.
  • A quen mal queiras, en preitos o vexas.
  • Bo ou mal preito, ten o escribán do teu xeito.
  • Boa demanda ou ruín demanda, ten o escribán da túa banda.
  • Cada preito leva almas ao inferno.
  • Despois do derradeiro recurso adoita vir o discurso.
  • En preito claro non é mes ter avogado.
  • En preito vexas a quen mal queiras.
  • Máis vale preitear por pouco que por moito.
  • Máis vale ruÍn compostura que bo proveito.
  • Non hai preito que non se arregre nin corno que non se endereite.
  • Non quero preito co meu diñeiro.
  • O bo preiteante -dixo Tomé- boca pechada, faldriqueira aberta e listo do pe.
  • O bo preiteante ten que levar o diñeiro por diante.
  • O bo preiteante, quedo da boca, listo da perna e aberto da falchoca.
  • O peor do preito é que de un saian cento.
  • O preito do pobre na proba morreo
  • O que preitea quere paso largo e bulsa aberta.
  • Os bos preitos son os alleos.
  • Preito de pobre ao chegar á proba morreo
  • Preitos non teñas, anque gañados os vexas.
  • Preitos non teñas, anque os gañes.
  • Quen de preito se librou, bo preito gañou.
  • Quen de preito se librou, boa sorte alcanzou.
  • Quen preitea ata de si mesmo sospeita.