causa

causa

lat causa

Plural: causas
    1. s

      Aquilo que ten como consecuencia un determinado suceso ou cousa.

    2. s

      Aquilo que explica a aparición dunha cousa.

    3. s [FILOS ]

      Aquilo que explica a existencia ou o cambio dunha cousa que se denomina efecto.

    4. teoría das causas actuais [XEOL ]

      Teoría que basea a explicación dos fenómenos xeolóxicos antigos nas mesmas causas que producen os actuais.

  1. s f [DER ]

    Proceso xudicial.

  2. s f [DER ]

    Tramitación dunha acusación contra alguén que determina a culpabilidade e a sanción por parte dun tribunal.

Sinónimos

Citas

  • A causa da denuncia foi a información falsa reflectida na prensa
  • A doenza do seu home foi a causa do seu regreso inesperado
  • A medicina estase achegando ás causas da SIDA
  • Aínda non sabemos en que sala do xulgado se vai desenvolver a causa
  • Notificáronme que a causa xa está instruída
  • Sempre defendeu a causa dos traballadores

Frases feitas

  • A causa de/por causa (de) loc prep

Refráns

  • Neste mundo non hai cousa que non teña o seu porqué.