particular
particular
lat particulāre
-
adx
Que é propio dunha persoa ou cousa.
-
adx
Que ten unha característica específica e que sae do común.
-
adx
Que ten un carácter privado.
-
adx
Que concerne exclusivamente a unha persoa ou cousa.
-
adx
[FILOS ]
Aplícase ao xuízo ou proposición en que o suxeito comprende un número parcial de obxectos, en contraposición ao xuízo ou proposición tanto universal coma singular.
-
s
m
Persoa privada, non revestida de carácter público.
-
s
m
Asunto ou cuestión a tratar.
Sinónimos
Citas
- A denuncia foi presentada por un particular
- A particularidade dese caso impide expoñelo en media hora, Unha das principais particularidades da catedral é a altura das torres
- Antepuxo os seus intereses particulares aos da familia
- Esas son opinións particulares súas, Cada cadro ten a súa cor particular
- Este peixe ten un sabor particular, Ten unha voz moi particular
- Non entrou en particularidades
- Non quero discutir sobre ese particular
- Non se pode pasar porque é un camiño particular, Ten un secretario particular
Frases feitas
-
En particular 1 loc adv Por separado. Ex: Os casos de adopci
-
2 loc adv Dunha maneira especial. Ex: Referiuse en particular aos efectos da chuvia
-
Sen outro particular Sen m