partícula

partícula

lat particŭla

Plural: partículas
  1. s f

    Parte moi pequena dun corpo.

  2. s f [LING ]

    Termo que se adoita aplicar a todos aqueles morfemas, lexicais e gramaticais que non van dentro do grupo nominal e verbal.

  3. s f [FÍS ]

    Constituínte fundamental da materia, que describe tanto obxectos aparentemente elementais que non parecen constituídos por unidades menores, coma obxectos compostos, constituídos por unidades máis elementais.