anticipación

anticipación

lat anticipatiōne

Plural: anticipacións
  1. s f

    Acción e efecto de anticipar ou anticiparse.

  2. s f [FILOS ]

    Imaxe ou pensamento do xeral que se dá espontaneamente coa percepción do particular e serve para detallar despois o seu coñecemento.

  3. s f [MÚS ]

    Nota que soa antes do acorde ao que pertence.

  4. s f

    Fenómeno psíquico en virtude do cal o suxeito vive o futuro.

  5. anticipación de funcións públicas [DER ]

    Delito consistente no exercicio dun cargo ou función pública sen ter dado fianza, sen ter feito o xuramento ou promesa establecido legalmente ou en admitir a quen non cumpriu as formalidades indicadas.

Sinónimos

Citas

  • Ós Ancares, non podemos ir (e non podemos dicir * Aos Ancares, non podemos ir alí)