anticiclón

anticiclón

anti- + ciclón

Plural: anticiclóns
s m [METEOR ]

Núcleo de altas presións rodeado por un sistema de isobaras pechadas dun raio de entre 350 e 2.000 km. O aire descende paseniño e, na superficie, o vento segue a dirección das isobaras, de xeito que polo efecto de Coriolis, ten o sentido do movemento das agullas do reloxo no hemisferio norte e o sentido contrario no hemisferio sur.