obra

obra

lat opĕra ‘traballo’

Plural: obras
  1. s f

    Aplicación da actividade humana a un fin.

  2. s f
    1. Resultado da aplicación da actividade a un fin.

    2. Conxunto das producións artísticas, literarias ou teatrais dun autor.

    1. s

      Aquilo en que se traballa, especialmente edificio que se está a construír.

    2. s

      Lugar en que se constrúe algunha cousa, especialmente un edificio.

    3. obra de fábrica [CONSTR ]

      Obra feita con pedra, ladrillo ou formigón que forma parte da construción dunha vía de comunicación.

    4. obra ao óso [CONSTR ]

      Obra realizada en seco, sen argamasa nin morteiro.

    5. obra vista [CONSTR ]

      Obra, parede ou piar, construída con pedras ou ladrillos de cara vista.

    6. obras públicas / [DER/ADM ]

      Obras de uso e aproveitamento xeral e construcións destinadas a servizos que corren a cargo de organismos da administración.

  3. s f

    Reparación, reforma ou calquera outro traballo de albanelaría.

    1. s

      Acción humana en canto á súa conformidade cos deberes morais e relixiosos.

    2. obra pía

      Institución de beneficencia de carácter relixioso.

    1. s

      Parte en que está dividido o buque.

    2. obra morta

      Parte do casco dun buque comprendida desde a liña de flotación ata a borda, e todo o que está sobre esta.

    3. obra viva

      Parte do casco dun buque comprendida entre a quilla e a liña de flotación.

Citas

  • A cafetaría non abrirá a próxima semana porque vai estar en obras
  • A obra dos principais autores galegos atópase nesta biblioteca
  • Está en escena unha obra con moi boas críticas
  • Esta novela é a súa mellor obra
  • Expuxeron varias obras de Dalí, Gravaron un disco coas mellores obras de Falla
  • Foi á obra para saber como estaba o traballo,3
  • O roubo foi obra dunha banda de delincuentes, Ese feito só pode ser obra túa
  • Xa están traballando no último piso da obra, A obra aínda non está rematada, falta un lateral

Frases feitas

  • De obra. Con feitos e non con palabras.

  • Por obra de. Por intervenci

Refráns

  • Obreiro en xaneiro pan che comerá e obra non che fará.

Palabras veciñas

óboe oboísta óbolo obra obradeira obradoiro obrar