obediencia

obediencia

lat oboedientĭa

Plural: obediencias
  1. s f

    Acción e efecto de obedecer.

  2. s f

    Calidade de obediente.

  3. s f
    1. irtude que consiste en someter a vontade propia ao xuízo doutro, recoñecido como superior lexítimo.

    2. Precepto, instrución ou penitencia que o superior impón a un relixioso.

  4. s f

    Fidelidade do súbdito ao soberano.

  5. s f [POLÍT ]

    Pertenza a unha causa, a unha ideoloxía ou a un partido.

Refráns

  • Anda, neno, anda, que Deus cho manda.
  • Ben mandado, mal mandado, fágase o que manda o señor amo.
  • Culpa non ten o que fai o que lle mandan.
  • Fai o que che manda o teu amo e sentaraste con el no escano.
  • Fai o que che manda o teu señor e sentaraste con el ao sol.
  • Fai o que che mande o teu señor e sentaraste con el ao sol.
  • Fai o que teu amo che mande e sentaraste con el á mesa.
  • Farei o que me mandes e o que non me mandes.
  • Non sabe mandar, o que non foi mandado.
  • O criado ben mandado xanta á mesa co mesmo amo.
  • O que ha de obedecer non se ha de repoñer.
  • O que ten que obedecer non se pode nin se debe repoñer.
  • Obediencia é cortesía.
  • Onde hai patrón non manda mariñeiro.
  • Quen está afeito a mandar, a servir mal se afai.
  • Se che falta a ciencia, ten obediencia.

Palabras veciñas

obcordiforme obdución obedecer obediencia obediente obelio obelisco