normal

normal

lat normāle

Plural: normais
  1. adx

    Que é conforme á norma.

  2. adx

    Que non se separa do seu estado ou curso natural.

  3. adx

    Que é habitual.

    1. adx, s

      perpendicular.

    2. adx

      Aplícase á liña perpendicular á tanxente dunha curva ou ao plano tanxente a unha superficie, no seu punto de contacto. OBS: Tamén se denomina liña normal.

  4. adx [QUÍM ]

    Aplícase á solución que, en 1.000 ml de disolución, contén un equivalente de soluto.

  5. [FÍS ]

    Situación dun sistema sometido a unha presión de 760 mm de mercurio e a unha temperatura de 0°C.

  6. [EDUC ]

    Nome antigo da escola destinada á formación de mestres de educación primaria.

Sinónimos

Citas

  • A ovella Dolly tivo un crecemento normal
  • É normal que teñas tanto frío, estamos a cinco graos
  • Esta tarde non houbo ningún incidente, foi normal