norma

norma

lat norma ‘escuadro’

Plural: normas
  1.            

    Ex: A norma nestes casos é non dar propina Ex: Tes que asinar ao final do contrato, esa é a norma

  2. s f

    Regra para a execución dalgunha cousa, á que se ha de suxeitar o seu comportamento.

  3. s f [LING ]

    Aspecto da linguaxe introducido por algúns lingüistas na clásica dicotomía lingua e fala de Saussure, que se corresponde con aquilo do sistema da lingua que se sente como común por todos os falantes.

  4. s f [IND ]

    Regra que fixa as dimensións, o deseño, a composición e outras características dun obxecto ou dun produto industrial, ou tamén pode fixar o proceso de elaboración.

  5. s f [XEOL ]

    Composición mineralóxica que podería ter unha rocha magmática se todos os equilibrios químicos se realizasen ao longo dunha cristalización moi lenta.

  6. [MAT ]

    Lonxitude dun vector, nos espazos vectoriais de dimensión 1, 2 ou 3. Se o vector está determinado polas súas compoñentes nun sistema de coordenadas ortonormais, a norma do vector v = (x 1 , x 2 , x 3 ) exprésase así:

  7. Lei que impón tolerar que outros fagan algunha cousa.

  8. Regra de conduta emanada de quen está lexitimado para ditala, garantida polo poder coercitivo do estado, que pode impoñer coactivamente o seu cumprimento e sancionar o incumprimento.

Citas

  • A norma nestes casos é non dar propina
  • Tes que asinar ao final do contrato, esa é a norma