negocio

negocio

lat negot ǐ u

Plural: negocios
    1. s

      Ocupación, actividade ou asunto que persegue conseguir beneficios.

    2. negocio xurídico [DER ]

      Acto de autonomía privada, con efectos xurídicos determinados polo dereito, polo que o outorgante regula os seus propios intereses.

  1. s m

    Local destinado para uso comercial.

  2. s m

    Asunto do que se obtén proveito ou vantaxes.

Sinónimos

Citas

  • Coa venda do coche si que fixo un bo negocio
  • Está metido en tantos negocios que non ten tempo para nada
  • Marchou moi cedo para o negocio

Refráns

  • A bo negocio, boa ganancia.
  • A novo negocio, novo consello.
  • Amistade, a que se queira, pero o centeo a trinta a fanega.
  • Cada un trata do que mata.
  • Dime os dous que estaban e direiche o que trataban.
  • En mercar e vender non hai amigos.
  • Fuxe de facer trato con quen non ten máis Deus có prato.
  • Irse o gañado polo papado.
  • Irse o xogado polo gañado.
  • Merca por arrobas e vende, se podes, por onzas.
  • Merca qué vendas, se queres gañar.
  • Mercar a alforxas e vender a onzas.
  • Mercar na feira e vender na casa sempre foi segura ganancia.
  • Negocio en que perigas, nin á túa muller llo digas.
  • O bo negociante non lle doen os pes.
  • O que sempre vai por la sae ás veces trasquiado.
  • Onde o gasto é máis có proveito, dade o trato por desfeito.
  • Para que vexan que fago trato, o que vale cinco douno por catro.
  • Se queres facer bo trato, vende caro o que merques barato.
  • ¡Alá me leve Deus a morar ande un ovo valla dous!

Palabras veciñas

negociador negociante negociar negocio negouxo negra negrada