negocio
negocio
lat negot ǐ u
-
-
s
Ocupación, actividade ou asunto que persegue conseguir beneficios.
-
negocio xurídico
[DER ]
Acto de autonomía privada, con efectos xurídicos determinados polo dereito, polo que o outorgante regula os seus propios intereses.
-
s
-
s
m
Local destinado para uso comercial.
-
s
m
Asunto do que se obtén proveito ou vantaxes.
Sinónimos
Citas
- Coa venda do coche si que fixo un bo negocio
- Está metido en tantos negocios que non ten tempo para nada
- Marchou moi cedo para o negocio
Refranes
- A bo negocio, boa ganancia.
- A novo negocio, novo consello.
- Amistade, a que se queira, pero o centeo a trinta a fanega.
- Cada un trata do que mata.
- Dime os dous que estaban e direiche o que trataban.
- En mercar e vender non hai amigos.
- Fuxe de facer trato con quen non ten máis Deus có prato.
- Irse o gañado polo papado.
- Irse o xogado polo gañado.
- Merca por arrobas e vende, se podes, por onzas.
- Merca qué vendas, se queres gañar.
- Mercar a alforxas e vender a onzas.
- Mercar na feira e vender na casa sempre foi segura ganancia.
- Negocio en que perigas, nin á túa muller llo digas.
- O bo negociante non lle doen os pes.
- O que sempre vai por la sae ás veces trasquiado.
- Onde o gasto é máis có proveito, dade o trato por desfeito.
- Para que vexan que fago trato, o que vale cinco douno por catro.
- Se queres facer bo trato, vende caro o que merques barato.
- ¡Alá me leve Deus a morar ande un ovo valla dous!