comercio
comercio
lat commercĭu ‘comercio, mercadoría, mercado’
-
-
s
Conxunto de actividades de compra, venda ou intercambio de produtos co obxectivo de conectar a produción co consumo ou co investimento.
-
comercio polo miúdo
Comercio relativo a volumes pequenos de produtos de uso inmediato no que o comprador é o consumidor final.
-
comercio por xunto
Comercio a grande escala.
-
s
-
s
m
Conxunto de comerciantes e actividades comerciais dunha poboación ou un país.
-
s
m
Establecemento dedicado á actividade comercial.
Sinónimos
Citas
- Gústame pasear mirando os escaparates dos comercios
- O comercio únese á folga e pecha as súas portas
Refráns
- A amistade corra pero o viño a oito cartos.
- A amistade é unha cousa e o negocio é outra.
- A bo mercador, bo vendedor.
- Ben se entende que o que merca un, outro o vende.
- En todo tratar e pan labrar.
- Máis vale unha hora de trato que cen de traballo.
- Na almoeda ten a bola queda e a bulsa pecha.
- O comerciante sen diñeiro ten algo de milagreiro.
- O traxineiro é mal compañeiro porque ten que ir de rueiro en meiro e de meiro en rueiro.
- Os que cabra non teñen e cabritos venden ¿de onde lles veñen?
- Quen vende o trigo na eira e a la na ovella e o pan en agosto e o viño en mosto dá proveito a moitos.
- Redonda é a moeda, para que rode e corra e vaia e veña.
- Trata en sardiña e comerás galiña.
- Vale máis corda baleira que ruÍn feira.
- Vende na casa e merca na feira, se que res saír da laceira.
- Vende sardiña e poderás comer galiña.