mostra

mostra

mostrar

Plural: mostras
  1. s f
    1. Porción ou unidade dalgunha cousa, especialmente dunha mercadoría, que se mostra para facer coñecer a súa calidade.

    2. [FÍS/QUÍM/TECNOL ]

      Anaco ou pequena cantidade dun material que se utiliza para analizalo ou determinar as súas propiedades.

    3. [MAT ]

      Porción finita dunha poboación que é utilizada para extrapolar conclusións sobre diversas características da poboación total.

    4. [ECON ]

      Signo convencional que se pon nunha tenda ou comercio para indicar aquilo que se vende.

  2. s f

    Proba ou sinal que dá coñecemento de algo.

  3. s f

    Acción de mostrar.

  4. s f

    Exposición de obxectos ou produtos.

  5. s f

    Cousa que se emprega como modelo para un traballo.

Sinónimos

Confrontacións

indicio, sinal, síntoma

Citas

  • Fixeron unha mostra do seu funcionamento
  • Non había mostras de que se quixesen reconciliar
  • Veñen de visitar a feira de mostras

Palabras veciñas

mostea mosteiro mosto mostra mostrador mostrar mostraxe