indicio
indicio
lat indicĭu
-
s
m
Signo que permite inferir a existencia de algo que non se coñece.
-
s
m
Manifestación dunha pequena cantidade de algo.
Confrontacións
mostra, proba, sinal, síntomaCitas
- A enerxía que ten é indicio de que se vai recuperar
- Encontraron indicios de seme no corpo
Refráns
- A bodega cheira ao viña que ten.
- Allos mallan: ben comerán -dixo o gato ao pe do lar.
- Cada cuba cheira ao viña que lle botan/que ten.
- Cada un coñécese palas súas obras.
- Cando a pita cacarexa, algo sente ou algo quere.
- Cando a tixela roxe, é que hai guisote.
- Cando as pedras do Xalo choran, auga ventan.
- Cando canta a tixola, sinal de que hai encherola.
- Cando está o pelexo á porta, sinal de que a burra está morta.
- Cando non se sente o mal, é mal sinal.
- Cando o arrieiro vende a bota, ou sabe ao pez ou é que está rota.
- Casa varrida e mesa posta hóspedes agarda.
- Como come a besta, dío a bosta.
- Corvos veñen, preada hai.
- De pequeno verás o boi que terás.
- En pan cortar e viño botar ben vexo quen me quere ben e quen me quere mal.
- En pan partir e viño botar saberás quen che quere ben e quen che quere mal.
- Galo que non canta, algo ten na gorxa.
- O boi que terás, de tenreiro o verás.
- O can, pola caste; e o novelo, polo fío.
- O fume descobre onde está o lume.
- Onde hai fume, hai lume.
- Onde non hai lume non sae polo tellado fume.
- Onde non hai lume non se levanta fume.
- Onde roxe a tixela, ou parida ou larpadela.
- Ou o can mente ou vén xente.
- Polo canto coñécese o paxaro.
- Polo fío sácase o novelo.
- Quen moito se confesa, será porque moito peca.
- Vós que arrotades é porque fartos estades.