morte
lat morte
-
s
f
Fin da vida.
-
s
f
Fin de algo ou dunha actividade.
-
s
f
[DER ]
Delito que consiste en matar a unha persoa sen que concorran circunstancias que dean lugar a outro delito especial.
-
s
f
-
Símbolo da morte representado, xeralmente, por un esqueleto humano cunha gadaña ou por unha caveira centrada sobre unha aspa de dous ósos iguais.
-
[ARTE ]
Representación plástica da morte.
-
-
morte civil
[HIST/DER ]
Privación dos dereitos civís e políticos que impón a lei a unha persoa.
-
morte da alma
[RELIX ]
Privación da benaventuranza, da vida eterna.
-
morte de Deus
[FILOS ]
Situación fundamental de triunfo absoluto do nihilismo inherente á tradición do pensamento occidental, desde a que Nietzsche desenvolve a reflexión desta filosofía.
Citas
- A pirataría podería significar a morte do comercio discográfico
- O delincuente deu morte ao policía mentres tentaba fuxir
Frases feitas
-
A morte. Realizar algo ata chegar
-
A vida ou morte. Facer algo con perigo de morrer.
-
De morte. Ser capaz de causar a morte.
-
Estar pensando na morte da burra. Estar algu
-
Non ser morte de home. Non ser algo moi grave ou prexudicial.
-
Ser bo para ir buscar a morte. Ser algu
-
Ata a morte ten vicio. Alardear ou terse por m
Refráns
- A bonitura cómea a terra na sepultura.
- A cada porco chégalle o seu san Martiño.
- A casa feita e o cadaleito á porta.
- A dor da muller morta chega ata a porta.
- A mala herba non hai xeada que a leve.
- A morte a ninguén perdoa.
- A morte a todos iguala.
- A morte a uns dá boa e a outros mala sorteo
- A morte é boa?ando certamente é mala.
- A morte é fonte da vida: morren uns para que outros vivan.
- A morte é tan certa como a vida incerta.
- A morte non veña, que achaque non faltará.
- A morte por todo morde.
- A morte sempre ten disculpa.
- A morte tódalas cousas iguala.
- A morte todo o atalla.
- A morte todo o descompón.
- A morte várreo todo.
- Á morte, estira-la pata.
- A morte, nin buscala nin temela.
- A mortos e a idos, poucos amigos.
- A pena da muller morta chega ata a porta.
- A quen morte allea desexa, a súa lle chega.
- A quen ten sogra, cedo lle morra.
- A sepultura, por vella que sexa, se lle cantan un responso, ben se recrea.
- Acá xa sabemos o que hai; e alá ¿que haberá?
- Achaque quere a morte /, non sabe de que sorteo
- Alá lle dirán o mal que facÍa cando aquí vivía.
- Andar todo o mundo e morrer en Lugo.
- Andar, andar e o corpo para enterrar.
- Ano por ano, máis come o morto có sano.
- Cada carneiro do seu pe colga.
- Cada porco ten o seu san Martiño.
- Caíndo e levantando, imos andando, non sabemos ata cando.
- Cando menos se pensa, a morte chega.
- Cando se chama a morte e non vén, é que a súa razón ten.
- Cando se chama a morte e non vén, é que a súa razón ten.
- Casa cumprida, na outra vida.
- Ceas, penas e soles matan os homes.
- Coa morte todo se acaba.
- Coa morte todo se esquece.
- Coa morte todo se vaL
- Con aceitonas e pan quente morre a xente.
- Contra a morte non hai casa forte.
- Contra a morte non hai medio, pero a morte é un remedio.
- Corazón forte a seu dono leva á morte.
- Da morte non escapa nin o rico nin o pobre nin o rei nin o papa.
- De morrer ninguén escapa: nin o rei nin o papa.
- Despois de morrer ¡campás por gaitas!
- En morrendo un, acabouse todo para el.
- En morrendo, todo se acaba.
- Ende morrendo, acabouse todo.
- Esperar saúde na morte allea é cousa fea.
- Está un morrendo e está aprendendo.
- Fomos coma vós e seredes coma nós.
- Home morto nunca come pan.
- Home morto pide rezos e responsos.
- Hoxe voume, mañá voume e non sei cando nin sei para ondeo
- I Cando morras, acabouse.
- Inda na sepultura, por vella que sexa, se lle din un responso, ben se ela recrea.
- Mais vale morrer que mal vivir.
- Mal de morte ¡Ó meu home lle caia en sorte!
- Mala é a morte que deixa baleira a casa ou a corte.
- Morre o mozo e queda o vello.
- Morre o rei e morre o papa e de morrer mnguén escapa.
- Morren OS gatos e alégranse os ratos.
- Morte de pai casa non desfai pero, si, morte de nai.
- Morte de sogra e dor de nora, máis por dentro que por fóra.
- Morte e venda desfai renda.
- Morte non veña que achaque non teña.
- Morto está, que non pernexa.
- Morto o can, morta a rabia.
- Mulleres e malas noites matan os homes.
- Na sepultura amolece a carne máis dura.
- Nin morte sen pranto nin voda sen canto.
- Ninguén morre ata que Deus quere.
- Non é mala morte cando fai o que debe o que morreo
- Non é o mesmo morrer, que ver morrer.
- Non hai morte que veña, que achaque non teña.
- Non sabe un onde a ten.
- Non se morre máis que unha vez.
- Non veña a morte, que achaque non ha faltar.
- Nunca mellor morre o home que cando máis quere vivir.
- O ano que se morre, ben se come.
- O bo, o diaño o leva; e o malo acá queda.
- Ó cabo do ano morren máis polos que galos.
- Ó escudeiro rico mórrelle a muller coma a calquera veciño.
- O morto apodrece e o orfo crece.
- O porco e o sogro, quixéraos mortos.
- O pranto da muller morta non pasa da porta.
- O pranto da muller morta, non chega máis que ata a porta.
- O que ha morrer ás escuras para nada que re o candil.
- O que morre polo seu gusto, a morte sábelle ben.
- O que morre, entérrano.
- O que neste mundo fai mofa, no outro foza.
- O que neste mundo fai risa, no outro chifra.
- ó que polo seu gusto morre, a morte sábelle ben.
- O que ten quen o chore, tódolos días morreo
- O que ten sogra, quere que logo lle morra.
- Onde hai morte, hai mala sorteo
- Onde hai morte, non hai mala sorteo
- Onte morreu el e xa ela casar quer ¡ai do que ten que morrer!
- Os bos, lévaos Deus para si e os malos quedamos aquí para entendemos.
- Os mortos non se queren levantar para que non lles collan o seu lugar.
- Para a morte non hai casa forte.
- Para a morte non hai home forte.
- Para a morte non hai remedio cando veña, senón esta?car a perna.
- Para o mal mortal ningunha herba val.
- Para todo hai maña, senón para a morte.
- Pensa ben que cada día pode ser o derradeiro.
- Que morrer hemos, ben o sabemos.
- Queiramos ou non queiramos, para morrer nacemos.
- Quen a morte doutro agarda, longa corda desata.
- Quen máis non pode, morrer se deixa.
- Quen máis non pode, morrer se deixa.
- Quen non teme a morte non é home forte.
- Sabemos da morte mais non sabemos de qué sorte.
- Sábese onde se naceu e non onde se ha morrer.
- Se morremos, para iso nacemos.
- Se te morde a salamántiga, que che fagan logo a cama.
- Se te roe un alacrán busca viño e busca pan e mais crego e sacristán, antes hoxe que mañán, pois logo te enterrarán.
- Soles e ceas teñen as covas cheas.
- Soles e penas e ceas teñen as sepulturas cheas.
- Tanto morre o papa coma o que non ten capa.
- Tanto o rico coma o pobre, dándolle a da morte, morreo
- Tarde ou cedo queda o burro sen pelexo.
- Tarde ou cedo tódolos porcos proban o coitelo.
- Tarde ou cedo todos debaixo da terra estaremos.
- Todo acaba cando a morte chega e chama.
- Todo o que nace, morre, sexa o que fore e sexa quen fore.
- Todo ten remedio, menos a morte.
- Todos en coiro nacemos e en coiro morremos,
- Unha boa morte é a mellor sorteo
- Vale máis morte calada que pública desventura.
- Vén a morte e non se sabe de qué sorteo
- ¡Ben veñas, morte, se vés soila!
- ¡Ben veñas, morte, se vés soila!
- ¡Come, morto, que verzas che cozo!
- ¡Mala morte mate a morte!
- ¡Morran outros e vivamos e con saúde os enterremos!
- ¡Tin-tan! ¡Tin-tan!: nunca máis volven os que se van.
- ¡Tin-tan!: os que se foron non volverán.