mortalidade
mortalidade
lat mortalĭtāte
-
O indicador máis fiel da mortalidade dunha poboación é a esperanza de vida.
-
s
f
Calidade de mortal.
-
s
f
[DEMOG ]
Relación do número de defuncións contabilizadas en períodos anuais. A medida empregada é a taxa de mortalidade por idades (qx), que relaciona o número de defuncións (D x ) dun ano coa poboación media (P x ) na metade de dito ano. Acostúmase calcular esta taxa por mil habitantes.
O indicador máis fiel da mortalidade dunha poboación é a esperanza de vida.