menopausa

menopausa

meno- + gr πα ῦ σις ‘cesación’

Plural: menopausas
  1. s f [FISIOL ]

    Cesamento das ovulacións na muller e, en consecuencia, da menstruación, que comporta unha atrofia das mucosas endométrica e vaxinal e do colo e do corpo do útero. Sucede entre os 40 e 50 anos e provoca trastornos moi diversos, como sufocacións, cefalalxias ou trastornos de emotividade.

  2. s f

    Época en que se produce o cesamento das ovulacións na muller.