anel

anel

lat anellu

Plural: aneis
  1. s m
    1. Pequeno círculo de ouro, prata ou outros metais que se leva no dedo como adorno.

    2. Aro pequeno que serve para soster algo.

  2. s m

    Peza de ferro cuadrangular, cun gonzo que serve para subir e baixar a punta do arado e facer que se afunda máis na terra.

  3. s m [ANAT ]

    Cada un dos segmentos que compoñen o corpo dos anélidos e o esqueleto externo dos artrópodos.

  4. s m
    1. Moldura que rodea os fustes das columnas.

    2. Cornixa en que se apoia a cúpula.

  5. s m [BOT ]

    Aro que circunda o pé dalgunhas especies de fungos.

  6. s m [ENX ]

    Elemento básico do recheo dunha columna. A función dos aneis é proporcionar un recheo coas características desexadas de superficie específica, perda de carga e mollabilidade

  7. s m [MAR ]

    Argola empregada no aparello do cerco para poder pechar o cope.

  8. s m [MAT ]

    Estrutura alxébrica formada por un conxunto e dúas operacións, a adición e a multiplicación, que presentan as seguintes propiedades: a) a adición é conmutativa; b) a multiplicación é asociativa; c) a multiplicación é distributiva respecto á adición.

  9. s m [QUÍM ]

    Cadea pechada de átomos que pode estar formada por un número ilimitado de átomos. OBS: Tamén se denomina ciclo.

  10. s m [TÉXT ]

    Círculo de metal empregado para guiar o corredor nas máquinas continuas de fiar e de retorcer.

  11. anel astronómico [ASTRON ]

    Tipo de astrolabio náutico simplificado.

  12. anel central [ARQUEOL ]

    Elemento arquitectónico que aparece nalgunhas mámoas construído con pequenos bloques líticos que ocupan unha posición central no conxunto tumular.

  13. anel conmutativo [MAT ]

    Anel en que a multiplicación é conmutativa.

  14. anel de colisión [FÍS ]

    Acelerador de partículas en que se fan chocar moreas de partículas de sentidos contrarios.

  15. anel esférico [MAT ]

    Sólido producido pola rotación dun segmento de círculo arredor dun diámetro deste círculo que non corta o segmento.

  16. aneis de medra [BOT ]

    Aneis concéntricos, alternativamente claros e escuros, visibles nas seccións transversais dos troncos das árbores.

Sinónimos

Citas

  • A marca que aparece no anel do cigarro é americana
  • Apertamos ben o anel para que non saíse do sitio
  • Desprendeuse a cortina por mor do anel que rompeu
  • Ó romperse un dos aneis xa non puiden poñer a cadea no pescozo
  • Regaleille antes da voda un anel de ouro con brillantes

Frases hechas

  • Caer os aneis. Non querer facer algo porque se considera humillante ou indigno. Ex: ¡Non che van caer os aneis por acompa