malicia

malicia

lat malitĭa

Plural: malicias
  1. s f

    Inclinación ao mal ou mala intención que posúe alguén.

  2. s f

    Maneira de actuar que teñen algunhas persoas de forma que ocultan a verdadeira intención.

  3. s f

    Habilidade para lograr algo con agudeza de entendemento.

Citas

  • Dixo que caera pero empuxouno Antón con malicia
  • Non teñas malicia, que iso pasou porque tiña que pasar
  • Para ter tan poucos anos ten moita malicia
  • Utilizou toda a súa malicia para conseguir o posto

Refráns

  • Aínda que a malicia escurece a verdá, non a pode apagar.