malicia
malicia
lat malitĭa
-
s
f
Inclinación ao mal ou mala intención que posúe alguén.
-
s
f
Maneira de actuar que teñen algunhas persoas de forma que ocultan a verdadeira intención.
-
s
f
Habilidade para lograr algo con agudeza de entendemento.
Citas
- Dixo que caera pero empuxouno Antón con malicia
- Non teñas malicia, que iso pasou porque tiña que pasar
- Para ter tan poucos anos ten moita malicia
- Utilizou toda a súa malicia para conseguir o posto
Refranes
- Aínda que a malicia escurece a verdá, non a pode apagar.