ligadura

ligadura

lat ligatūra

Plural: ligaduras
  1. s f

    Acción e efecto de ligar.

  2. s f

    Cousa que serve para ligar ou atar algo ou alguén.

  3. s f
    1. Acción e efecto de unir ou obstruír un vaso ou órgano oco dun organismo.

    2. ligadura de trompas

      Intervención cirúrxica de esterilización feminina que consiste en practicar unha oclusión, mediante grampas ou clips, seguida habitualmente dunha sección, resección ou cauterización das trompas de Falopio.

  4. s f
    1. Signo da notación musical medieval que unía dúas notas co mesmo trazo.

    2. Combinación de dúas figuras, unha longa e unha breve, na notación medida.

    3. Trazo curvilíneo co que se indica nunha partitura musical que dúas notas ou máis deben ser interpretadas cunha soa emisión sonora.

  5. s f [ARQUIT ]

    Nervio, nunha bóveda de cruzaría, que une a clave co vértice dos terceletes.

Sinónimos