ligadura
ligadura
lat ligatūra
-
s
f
Acción e efecto de ligar.
-
s
f
Cousa que serve para ligar ou atar algo ou alguén.
-
s
f
-
Acción e efecto de unir ou obstruír un vaso ou órgano oco dun organismo.
-
ligadura de trompas
Intervención cirúrxica de esterilización feminina que consiste en practicar unha oclusión, mediante grampas ou clips, seguida habitualmente dunha sección, resección ou cauterización das trompas de Falopio.
-
-
s
f
-
Signo da notación musical medieval que unía dúas notas co mesmo trazo.
-
Combinación de dúas figuras, unha longa e unha breve, na notación medida.
-
Trazo curvilíneo co que se indica nunha partitura musical que dúas notas ou máis deben ser interpretadas cunha soa emisión sonora.
-
-
s
f
[ARQUIT ]
Nervio, nunha bóveda de cruzaría, que une a clave co vértice dos terceletes.