lenda

lenda

lat legenda, xerundio de legĕre ‘ler’

Plural: lendas
  1. s f
    1. [LIT/HIST ]

      Narración, oral ou escrita, de relativa aparencia histórica, pero cunha proporción, máis ou menos alta, de elementos imaxinarios, que está, xeralmente, relacionada cunha persoa ou cun grupo de homes, cun monumento, un lugar ou un territorio.

    2. Persoa ou feito que colle gran fama ou relevo.

  2. s f
    1. Título ou pé explicativo dun plano, dun mapa, dunha fotografía ou doutro documento.

    2. [ARTE ]

      Inscrición gravada nunha moeda ou nunha medalla.

Confrontacións

conto, fábula

Citas

  • Ten discos das principais lendas do jazz