leituga
lat lactūca
-
s
f
[PLANTA ]
Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, que presenta follas basais grosas, co bordo rizado ou enteiro e as flores amarelas e dispostas en capítulos. Rica en ferro, e vitaminas B 1 , B 6 , C e provitamina A, é comestible, e o seu cultivo está moi estendido xa que hai moitas variedades que se diferencian pola forma das follas ou pola cor.
-
s
f
[PLANTA ]
1 tarrelo.
-
leituga brava
[PLANTA ]
Planta herbácea anual ou bienal, da familia das asteráceas, de talo robusto, con follas ovais ou pinnatisectas e capítulos de cor amarela pálida reunidos nunha gran panícula.
-
leituga de mar
[PROTISTA ]
lavacán.
-
leituga dos porcos
[PLANTA ]
Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, de follas pinnatifendidas ou dentadas e invólucro piloso.
-
leituga silvestre
[PLANTA ]
Planta herbácea anual ou bienal, da familia das asteráceas, que presenta as follas pinnatifendidas ou dentadas e a inflorescencia en panícula, con flores de cor amarela pálida.