leituga

leituga

lat lactūca

Plural: leitugas
  1. s f [PLANTA ]

    Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, que presenta follas basais grosas, co bordo rizado ou enteiro e as flores amarelas e dispostas en capítulos. Rica en ferro, e vitaminas B 1 , B 6 , C e provitamina A, é comestible, e o seu cultivo está moi estendido xa que hai moitas variedades que se diferencian pola forma das follas ou pola cor.

  2. s f [PLANTA ]

    1 tarrelo.

  3. leituga brava [PLANTA ]

    Planta herbácea anual ou bienal, da familia das asteráceas, de talo robusto, con follas ovais ou pinnatisectas e capítulos de cor amarela pálida reunidos nunha gran panícula.

  4. leituga de mar [PROTISTA ]

    lavacán.

  5. leituga dos porcos [PLANTA ]

    Planta herbácea anual, da familia das asteráceas, de follas pinnatifendidas ou dentadas e invólucro piloso.

  6. leituga silvestre [PLANTA ]

    Planta herbácea  anual ou bienal, da familia das asteráceas, que presenta as follas pinnatifendidas ou dentadas e a inflorescencia en panícula, con flores de cor amarela pálida.

Palabras vecinas

leito leitón leitoso -sa leituga leiva leixaprén leixarigo