leito

leito

lat lectu

Plural: leitos
  1. s m
    1. Moble para durmir.

    2. Calquera lugar sobre o que se dorme.

  2. s m

    Base sobre a que se coloca algo.

    1. s

      Fondo do mar, dun río ou dun lago.

    2. leito fluvial

      Espazo do río polo que discorren as augas.

  3. s m
    1. Capa de materiais dos cimentos dunha construción que se dispoñen a maior profundidade.

    2. Cara dun perpiaño ou ladrillo sobre a que se sitúa a fileira superior.

    3. Cada unha das dúas superficies dunha doela.

  4. s m

    Fendedura que se lle fai ao piso do zoco para que se adapte á forma do pé.

  5. leito de estratificación [XEOL ]

    Cada unha das caras que sinalan o paso dun estrato a outro. Representa unha descontinuidade na sedimentación.

  6. leito filtrante [QUÍM/TECNOL ]

    Preparación feita cunha materia fibrosa e resistente para que actúe como filtro.

Sinónimos

Citas

  • Durmiu nun leito de follas
  • Preparou o leito para deitarse
  • Serviron o peixe sobre un leito de espinacas