lea

lea

lear

Plural: leas
  1. s f

    Cousa ou grupo de cousas encerelladas e difíciles de soltar ou desenlear.

  2. s f

    Situación para a que é difícil atopar unha solución.

  3. s f

    Enfrontamento entre varias persoas en que se discute a berros, e en que se pode chegar á violencia física.

  4. s f

    Situación de moito balbordo, desconcerto e desorde.

Sinónimos

Confrontacións

agarrada, altercado, disputa, liorta

Citas

  • Con semellante lea foi imposible entender nada
  • Fixeron unha lea coa corda e houbo que tirala
  • Levou un golpe nunha lea e tivo que ir ao hospital
  • Vai ser complicado resolver esa lea
  • Varios rapaces participaron na lea que se formou diante do bar

Formas incorrectas

lío

Palabras veciñas

lazulita lazurita LDL lea leal lealdade lear