leria

leria

gr λ ῆ ρος ‘charla, insignificancia’

Plural: lerias
  1. s f

    Conversa entre dúas ou máis persoas sobre cousas que non teñen relevancia.

  2. s f

    Capacidade que ten alguén para falar moito.

  3. s f

    Cousas en que se pasa o tempo por entretemento.

  4. s f

    Murmuración ou comentario sobre algunha cousa ou sobre alguén.

  5. s f

    Asunto que causa problemas, preocupacións ou incomoda.

Sinónimos

Citas

  • Éche unha leria ter que pensar agora niso
  • Escóitame unha leria, pero pon atención que non cha repito
  • Pasaron toda a tarde de leria e non fixeron o traballo
  • Ten coidado con el que che ten moita leria
  • Vesme con ganas de leria e non che estou para perder o tempo