dificultade
dificultade
lat difficultāte
-
s
f
Calidade de difícil.
-
s
f
Situación ou circunstancia que fai difícil a realización dunha cousa.
Sinónimos
Citas
- A miña maior dificultade para o estudio é que teño problemas para concentrarme, Tivo moitas dificultades para chegar ata o cume
- Os escaladores subiron unha montaña dunha dificultade incrible
- Puxéronlle moitas dificultades para darlle o visado
Refráns
- A auga costa arriba corre pouco.
- A cada anaquiño hai unha legua de mal camiño.
- A cada día abóndalle a súa malicia.
- A derradeira medida sempre foi mala de encher.
- A día tolo, camiñante afouto/cordo.
- A mal ano, boa cara.
- A pan duro, dente agudo.
- A pedra redonda nunca moito acouga.
- A pouco vento, forza de remos.
- A torto ou dereito, axude Deus ao noso consello.
- Agulla en palleiro mala é de atopar.
- Andar, andar, que o rabo está por esfolar.
- Auga de moitos muíños é mala de arrecadar.
- Auga de moitos regueiros é mala de arrecadar.
- Bo traballo é ser servidor despois de ser señor.
- Cando Deus non quere, os santos non poden.
- Cando penses meter o dente en seguro, atoparás co duro.
- Cando vai torta, o demo que a endereite.
- Con tres pes abriraste camiño; pau, paciencia e padriño.
- Cortada a carrasca, calquera a leña apaña.
- Deus apreta mais non afoga.
- En todas partes cocen pan.
- Mar de andazo, non che faltará argazo.
- Neste mundo mesquiño cando baixa o pan sobe o viño.
- Non hai pedra, por dura que sexa, que non amoleza.
- Non hai peor dificultade cá pouca vontade.
- Non hai río bravo que non teña un bo paso para atravesalo.
- Non se vai ao ceo a cabalo.
- Non sempre vai a auga ao rego.
- O aire que corre, muda o catavento mais non a torre.
- O mal camiño, andalo logo.
- Ó mal vento vólvelle o capelo.
- O palleiro vello, cando se acende, malo é de apagar.
- O que come as duras mellor comerá as maduras.
- O que roe as duras, ben pode roer as maduras.
- Onde non chove, barruza.
- Ou parir ou rebentar, non hai outro camiño por onde botar.
- Para o bo día abre a porta e para o malo entórnaa.
- Por medo aos gorrións non quedan sen sementar os leiróns.
- Quen pasou o máis, que pase o menos.
- Se te vires perdido, bótate a nadar.
- ¿Como che vai, Sindo? -As veces rabiando e ás veces rindo.