lance

lance

lanzar

Plural: lances
  1. s m

    Acción e efecto de lanzar.

  2. s m

    Acontecemento destacado que se integra nun conxunto.

  3. s m

    Acción ou episodio interesante dentro do conxunto dunha obra literaria.

  4. s m

    Disputa entre dúas ou máis persoas.

  5. s m

    Circunstancia ou acontecemento difícil na vida dunha persoa.

  6. s m [PESCA ]

    Feito de lanzar os aparellos ao mar para pescar.

  7. s m [PESCA ]

    Cantidade de pesca que se recolle cada vez que se tira o aparello.

  8. s m

    Cada un dos movementos que se fan coa gadaña ou co fouciño durante a sega.

Sinónimos

Confrontacións

episodio

Citas

  • Aínda non superou o lance da súa separación
  • As dúas familias manteñen un lance desde hai moitos anos
  • Falounos dos lances do seu rescate na montaña
  • Fixeron varios lances pero non había moita pesca
  • Nesa novela hai moitos lances heroicos
  • Tiveron un bo lance de xurelo