lanzamento

lanzamento

lanzar

Plural: lanzamentos
  1. s m

    Acción e efecto de lanzar ou lanzarse.

    1. s

      Acción de lanzar a xavelina, o peso, o disco ou o martelo o máis lonxe posible, desde unha zona delimitada e de acordo co regulamento establecido.

    2. lanzamento libre

      Lanzamento directo a canastra, desde unha distancia de 4,60 m da táboa, por parte dun xogador ao que se lle fai falta persoal.

  2. s m [MAR ]

    Acción de lanzar á auga unha embarcación.

  3. s m
    1. Expropiación por un acto xudicial.

    2. Acción de obrigar ao arrendatario ou ocupante dun ben inmoble, en execución da sentenza de desafiuzamento ditada por un xuíz.

  4. s m [COSMON ]

    Acción de liberar un foguete, que se quere lanzar ao espazo, despois de producirse o acendido do propulsor e no momento no que este toma o pulo necesario para asegurar a resposta dos controis de mando.