episodio

episodio

gr ἐ πεισόδιον ‘intermedio dunha traxedia’

Plural: episodios
  1. s m [LIT/ARTE ]

    Acción secundaria nun poema épico ou dramático, novela ou noutra obra artística.

  2. s m

    Cada unha das partes que constitúen o conxunto dunha obra.

  3. s m

    Acontecemento que enlaza con outros formando un todo ou conxunto.

  4. s m [MÚS ]

    Fragmento de carácter libre que separa os temas dunha composición musical.

Confrontacións

capítulo

Citas

  • A telenovela ten máis de cen episodios
  • O episodio do divorcio dos seus pais foi un dos máis transcendentais da súa vida