irracional

irracional

lat irratīonal

Plural: irracionais
  1. adx

    Que carece de razón. Tm s.

  2. adx

    Que non é conforme aos principios da razón.

    1. adx

      Aplícase á expresión que contén radicais.

    2. adx

      Relativo ou pertencente aos números irracionais.

    3. número irracional

      Número real que non pertence ao conxunto dos números racionais. OBS: Tamén se denomina irracional.

Antónimos

Citas

  • Os animais divídense en racionais e irracionais
  • Os comentarios irracionais non caben neste debate