racional

racional

lat rationāle

Plural: racionais
  1. adx

    Que está dotado de razón.

  2. adx
    1. Relativo ou pertencente á razón.

    2. Que é conforme á razón.

  3. adx [MAT ]

    Aplícase á expresión alxébrica que non contén ningún radical.

  4. s m
    1. Nome que a Vulgata dá ao pectoral do sumo sacerdote hebreo.

    2. Ornamento episcopal antigo, semellante ao palio, formado por dúas pezas de tea ricamente bordadas, unha sobre as costas e outra sobre o peito, e suxeitas por ombreiras ovais, das que penduraban dúas ou tres franxas.

  5. s m [DER/HIST ]

    Oficial municipal encargado das finanzas durante o Antigo Réxime.